26 abr. 2012

MOLÍOS (1)


Nun sei descantá nun mole ningún molín nel conceyo de Pezós. D'esas construccióis tan necesarias nel pasado nun quedan agá úas poucas resistindo malamente el paso del tempo y el abandono.

Según se pode ler nas Respostas Generales del Catastro de Ensenada, en Pezós, a mediados del siglo XVIII, había 17 molíos. Dice alí que don Miguel Antonio de Ron, vecín de Ibias, é el propietario de dous: un ten duas molas y ta nel río de “Layo”; el outro, d'úa mola sola, ta nel arroyo de Calendas. Un terceiro é de Fernando de Mon, vecín de San Martín d'Oscos, tamén de duas molas y situado nel río de “Layo”. El cuarto é propiedá de Sancho López, vecín de Grandas, ten úa mola y ta nel río de “Lebí”. Os trece restantes son de todos os vecíos del conceyo, que molen nelos el grao según yes corresponde, solo tein úa mola, nun tein “cuarto” nin “habitación”, y nunca foron arrendados, al contrario qu'os cuatro primeiros.

  Catastro de Ensenada

El que chaman río “Layo” nas Respostas é el que conocemos como “Ahío”, “río d'Io” ou “río del Mazo” y el arroyo de Calendas atravesa el pueblo de Pezós, peró ¿qué río será el “Lebí” ou “Lebi”?

Catastro de Ensenada

Un siglo despóis, a mediados del XIX, el Diccionario de Madoz solo fala de 6. ¿Nun resulta chamadeiro que desapareceran nun siglo 11 molíos?

Si botamos un oyo a toponimia, atopamos delos nomes dos que podemos deducir que nesos sitos houbo molíos algún día, por exemplo, Os Molíos (en Sanzo) y el Prao Molín (en Sanzo y Serán).

A cousa é qu'hoi, qu'eu sepa, nun quedan agá 5 molíos. Tan todos abandonados pero inda se poden ver nas beiras dos ríos. El meyor conservado é el de Pelorde, que é tamén el máis novo. El de Sequeiros ta nun sito al que se chega ben, porque forma parte dúa ruta señalizada, pero el louxado ta mal abondo. A ver el que dura. Dos outros tres namáis quedan ruinas, tan entre Lixóu y Brañaveya, escondidos entre el monte, comidos pola maleza, y resulta ben dífícil chegar a elos. Son el Molín Veyo, el Molín de Louredo y el Molín de Lagar das Eiras.

No hay comentarios: