9 jul. 2013

A FESTA DE SAN JUAN



Cabildro d'a capiya de San Juan

Dice el antropólogo Adolfo García (nel libro titulao La casa tradicional de San Martín de Ozcos) qu'un pueblo sin festa vaise desfendo ou eso é xa úa seña de desfeita. Nos pueblos pequenos, nas aldeas, unde cadaldía vive menos xente y a que queda xa nun é festexeira (pola edá, sobre todo), van perdéndose, como tantas cousas, esas festas nas que se celebra el santo del pueblo.

Antias, cuando os pueblos taban chíos de vida y de xente, fíase úa xunta p'acordar os cuartos qu'había que dar pa fer a festa y cada ano era úa casa ou varias as que corrían coa festa, as encargadas d'organizala. Tían que chamar al cura y a os músicos, pedir os permisos correspondientes, comprar os cuetes, etc. Agora, nos pueblos unde se sigue fendo a festa é unde hai xente con agayo p'atender a esas cousas y vecíos qu’axudan.

San Juan

En Sanzo celébrase San Juan (dito así, nunca ougüín dicir Xuan) dende sempre, a lo menos dende sempre pa min. Ese día hai misa na capiya de San Juan, siguida da típica procesión, na que se saca al santo de paseo dende a capiya hasta El Nareiro. El santo tein que levalo homes solteiros, muyeres y casaos nun valen, nun sei por qué. Hai anos, cuando eu era pequena, acórdome qu'había un paisano qu'enveredaba á xente y amañaba de fer dúas ringuileiras separadas na procesión, úa d’homes y outra de muyeres. Agora, eso das ringuileiras separadas por sexos xa nun se respeta, como é natural, cada ún vai por unde ye peta, detrás del cura y del santo.

Al acabar a misa, ven a sesión vermú, na que se baila al son da música. De cuando era nena, recordo a Ponticiella y su acordeón y a Los Capri, que peime qu'eran d'A Veiga. Agora train úa orquesta “grande”, d'us cuántos músicos, y ás veces outra máis pequena, d'un ou dous, p'amenizar os descansos da primeira. Dicen os veyos qu'antias bailábase máis, qu'agora todo se volve beber, y é verdá qu'a xente aveza a xuntarse nel tablón que fai de barra de bar.

Un arco de medio punto da paso al ábside na capiya de San Juan

Despós da sesión vermú, todos se xuntan pa comer nas súas casas cos familiares y os invitaos que veron adrede pá festa. Antias, tamén comían nas casas el cura y os músicos, peró agora eso xa nun se fai normalmente. Ese día a comida é abundante y nun poden faltar as mantecadas de postre. Os anos que nun hai música y nun se fai agá misa, dícese qu'é festa de pote, porque ese día a comida é especial.

A festa sigue pola noite col baile y dura hasta altas horas. Tíranse cuetes (cuartos al aire, que decía meu abolo) pola mañá, á hora da misa, el de media mesa dende distintas casas, pola tarde y pola noite. Os nenos d’antias corrían p’atopar as varas dos cuetes lanzaos al aire, a os d’agora peime que nun yes fain gracia esas cousas.

Como ta tan extendida a costume da fogueira de San Juan en tantos sitos, preguntéi a os veyos si nun era tradicional fela en Sanzo, peró dixéronme que non, que nun se fera agá algún ano, cuando as obras del Salto. Supoño que nun se fía porque había qu'ir a leña y, en tempos, hasta a leña era escasa. Peró perdemos outras costumes que sí se recordan: a de adornar portas y ventás con flores de benteiro pa espantar ás bruxas ou a d'erguerse ben cedo pa ir beber augua a fonte ou arrebolarse por un prao pa coyer a orbayada, como fían os máis atrevidos. Todo col fin de ter búa suerte.

Flores de benteiro
Desque pasa San Juan, xa tamos metidos nel brao, qu’é un tempo de muito labor nel campo: hai qu’ensilar, recoyer el herba seca, segar y mayar el trigo y el centén (os poucos qu’inda los labran), sachar as pezas, labrar os nabos, etc. Peró esta é outra historia que contaréi outro día.

1 comentario:

Casía dijo...

¡que fiestaza! prefería ir a esta que quedarme en Mieres