29 may 2013

CAMÍN DA PAICEGA

Xestas floridas nas aurelas del camín da Paicega

Pa chegarse á Paicega, hai que pasar por Sanzo. En deixando as últimas casas del pueblo y os praos da Degolada, El Leirón y El Leirín, lougo avistamos el souto da Valía Primeira y, pouco máis aló, a Pena Valía, dende unde xa se ve el río Navia y os pueblos del outro lao: Santo Miyao, Murias y El Coyao.

Nesta época del ano, el camín ta adornao del marelo das xestas floridas y miles de florías de todos os colores sobresalen entre a maleza. As foyas novas das bidueiras, dos carbayos y castañeiros lucen el verde neto da primavera. A pedazos, fainos compañía el inconfundible canto dos grilos, del cuco y d’outros paxaríos.

Antias de chegar á Paicega, inda temos que pasar por Os Ferros, un sito así chamao porque alí tuveron tiraos muito tempo “us ferros”, y por El Rancho Chico, chocante nome debido a existencia d’un bar unde s’ofrecían servicios sexuales nel tempo del Salto. Hoy xa nun tán os ferros nin el bar, peró os nomes quedaron.

Vista del Navia, Murias, El Coyao y Santo Miyao

A Paicega é ún dos poblaos unde vivían os obreiros que feron el Salto de Salime a mediaos del siglo pasao. Alí viviron cientos de personas, chegadas de muitos sitos, y algúas morreron naquelas obras, peró nun sei cuántas exactamente. Dicen os máis veyos del lugar qu’en Pezós, naquelos anos, houbo qu’aumentar el cementerio y a cárcel. Cuntan qu’houbo muitos accidentes con mortos y heridos. Teño ougüido qu’úa vez soltouse ou rompéu el cable da telesiya, que transportaba xente y mercancía subindo y baxando pola montaña, y algús salváronse saltando fora, peró outros nun puideron contalo. Eran tempos de muita miseria, de fame y de penalidades, por eso muitos nun queren nin recordalos.

Foto da Paicega sacada del libro Guía descriptiva
 de las obras del Salto de Salime
(2003)

Na Paicega había entoncias barracóis, iglesia, economato, escola de nenos y de nenas, cantina, cuartel, peluquería, panadería, etc. Agora nun podemos ver agá os restos d’aquelos barracóis improvisaos como viviendas, el que queda del transformador, algún edificio máis, y a iglesia, cuasi alpina, diseñada por Joaquín Vaquero Palacios; todo chen de monte. Entre aquelas ruinas, xa robegan estos días os amorodos y tamén se da muito ben el ourego, qu’a xente vai pañar a feixes nel brao, cuando ta en sazón.

Iglesia diseñada por Joaquín Vaquero Palacios

Dende alí, nel alto da montaña, hai úa vista bárbara del embalse y de Vistalegre, unde viviron os trabayadores del Salto hasta que se foron pa Grandas. Hai delos anos, feron alí un mirador y pueron us carteles informativos del Parque Histórico del Navia, destinaos a os escasos turistas. Y, por último, p’acabar de rematalo, plantaron columnas que sostein cables d’alta tensión por toda a rodiada. “Esto é el progreso”, diría el outro.

Vista del Navia embalsao y Vistalegre dende A Paicega

Así todo, paga a pena chegarse hasta A Paicega y respirar el aire puro d’aquel lugar, mentras imaxinamos cómo sería un día calquera alí, cuando taba chen de xente enfougada nas súas labores. Tantas personas, d’aiquí y d’alí, tantas historias

Restos dos barracóis y columnas