22 nov 2012

HORROS EN PEZÓS

Horro en Pelorde


Dice Xuan Bello nel sou poema Paniceiros:

un país onde la casa cai cai l'horru la ponte
el molín la ilesia l'home tamién cai

Y nesas tamos, mirando cómo van caendo as casas, os horros, as pontes, os molíos, as capiyas... y cómo s'enchen de monte os prados, as pezas, as leiras, os tayos; cómo s'abandona todo, cómo morre todo pouco a pouco.

Horro da Casa Navarrín (Argul)
Os horros, esas construccióis tan típicas del noso mundo rural, tan importantes y necesarias noutros tempos, son úa mostra máis d'esa decadencia. En 1752, según el Catastro de Ensenada, había en Pezós 183 horros. Pódese ler alí textualmente: “Hay en el término de este concejo de Pesoz, puestos a las frentes y contornos de las casas y algunos separados de ellas, 183 orrios”.

Catastro de Ensenada
¿Cuántos horros quedan hoi nel conceyo de Pezós? Pos, si fixen ben a cuenta este brao, nun quedan agá 16 horros, 2 paneras y 2 cabazos. A estos que siguen ahí, resistindo el paso del tempo, podemos sumar os 21 que xa nun tan peró inda se conservan nel recordo da xente. Con todo, xa se perderon ben d'elos.

Horro en Lixóu
En Pezós capital hai 3 horros (Casa Julio, Casa Penadrada y Casa Moxardín; os dous últimos son d'hai pouco, así que nun existían nel siglo XVIII) y 1 panera desaparecida nel Palacio.

Horro da Casa Julio (Pezós)
En Argul hai 2 horros (Casa Castellano y Casa Navarrín, este último ta en ruinas) y 1 panera (Casa López).

Panera da Casa López (Argul)
En Sanzo nun queda ningún horro en pe, pero hai memoria de 7 (Casa Coto, Casa Grande, Casa El Crego, Casa Soto, Casa Valledor, Casa Caballero, Casa Sampedrín) y a lo menos el da Casa Coto taba cuberto de paya.

En Serán hai 2 horros (Casa Mera y Casa Camilo), 1 cabazo (Casa Soto) y 2 desaparecidos (Casa d'Andrés y Casa Torre).

Horro da Casa Mera (Serán)
En Vilabriye hai 1 panera (Casa Pereda) y 2 desaparecidos (Casa del Rico y Casa Emilio).

Panera da Casa Pereda (Vilabriye)
En Francos hai 1 horro en pe (Casa Cachán) y 3 desaparecidos (Casa García, Casa del Tendeiro, Casa Mera).

Horro da Casa Cachán (Francos)
En Pelorde temos 5 horros (Casa Cotarelo, Casa Linera, Casa Miguel, Casa Lastra y Casa d'Amor) y 3 desaparecidos (Casa Santiago, Casa Carril y Casa Cordeiro).

Horro da Casa Linera (Pelorde)
En Cela hai 1 horro (Casa da Ventela) y 1 desaparecido (Casa Benino).

En Brañaveya queda el recordo de dúas construccióis desaparecidas: 1 panera (Casa Caballero) y 1 horro (Casa Alonso).

En Lixóu hai 2 horros y 1 cabazo. Un horro é de Casa Alonso peró nun sei de qué casa son el outro horro nin el cabazo: el día que tuven por alí nun atopéi a naide con quen falar y tampouco sei si había máis antias y desapareceron.

Cabazo en Lixóu
Vista del outro lado del cabazo de riba
En Vilarmarzo y Cabanela nun queda ningún horro y nun teño noticias de desaparecidos.

Os máis dos horros y as paneras son de construcción simple, sin corredor, nin grandes adornos: de planta cuadrada ou rectangular, apoyados en cuatro ou seis pes de madera y con louxado a cuatro auguas. Según os expertos, el que distingue el horro da panera nun é el número de pes nin el tamaño nin a presencia de corredor, como pensa muita xente, senón a viga horizontal que tein nel crume as paneras y que fai qu'el louxado acabe en dous picos, mentras os horros xuntan as cuatro auguas nun punto único.

El cabazo de Casa Soto ten as cepas de pedra y os lados largos tan cerrados con barrotes de madera separados pa favorecer a ventilación y a seca da cosecha que se guardaba alí. El de Lixóu ta alterado peró inda deixa ver ben a súa estructura orixinal, tamén de pedra y madera. A estos cabazos de madera y pedra chámanyes probes nel Vocabulario del bable de Occidente de Acevedo y Fernández.

Cabazo da Casa Soto (Serán)
Os horros, ademáis de ser el almacén unde se guardaban as cosechas, a matanza y úa chía de cousas, tamén encerran muitas historias, algúas ben tristes, como a d'aquel home, enfermo de tuberculosis, que foi vivir al horro, pa separarse da familia, despós de qu'un vecín ye botara en cara que tuvera vivindo na casa según taba y ye dixera qu'iba pegaryes a enfermedá a os niníos da súa familia. El home pasóu el inverno nel horro, pasando fame y morto de frío, peró por un milagro da naturaleza nun morréu d'aquela y col tempo sanóu.

Espero y deseo qu'os poucos horros que quedan nel conceyo señan apreciados y cuidados, y sigan en pe muitos anos, como testigos calados del paso del tempo.

No hay comentarios: