Xestas floridas nas aurelas del camín da Paicega |
Pa chegarse á Paicega, hai que pasar por Sanzo. En deixando as últimas casas del pueblo y os praos da Degolada, El Leirón y El Leirín, lougo avistamos el souto da Valía Primeira y, pouco máis aló, a Pena Valía, dende unde xa se ve el río Navia y os pueblos del outro lao: Santo Miyao, Murias y El Coyao.
Nesta
época del ano, el camín ta adornao del marelo das xestas floridas y miles de
florías de todos os colores sobresalen entre a maleza. As foyas novas das
bidueiras, dos carbayos y castañeiros lucen el verde neto da primavera. A
pedazos, fainos compañía el inconfundible canto dos grilos, del cuco y d’outros
paxaríos.
Antias
de chegar á Paicega, inda temos que pasar por Os Ferros, un sito así chamao
porque alí tuveron tiraos muito tempo “us ferros”, y por El Rancho Chico,
chocante nome debido a existencia d’un bar unde s’ofrecían servicios sexuales
nel tempo del Salto. Hoy xa nun tán os ferros nin el bar, peró os nomes
quedaron.
Vista del Navia, Murias, El Coyao y Santo Miyao |
A Paicega é ún dos poblaos unde vivían os obreiros que feron el Salto de Salime a mediaos del siglo pasao. Alí viviron cientos de personas, chegadas de muitos sitos, y algúas morreron naquelas obras, peró nun sei cuántas exactamente. Dicen os máis veyos del lugar qu’en Pezós, naquelos anos, houbo qu’aumentar el cementerio y a cárcel. Cuntan qu’houbo muitos accidentes con mortos y heridos. Teño ougüido qu’úa vez soltouse ou rompéu el cable da telesiya, que transportaba xente y mercancía subindo y baxando pola montaña, y algús salváronse saltando fora, peró outros nun puideron contalo. Eran tempos de muita miseria, de fame y de penalidades, por eso muitos nun queren nin recordalos.
![]() |
Foto da Paicega sacada del libro Guía descriptiva de las obras del Salto de Salime (2003) |
Na Paicega había entoncias barracóis, iglesia, economato, escola de nenos y de nenas, cantina, cuartel, peluquería, panadería, etc. Agora nun podemos ver agá os restos d’aquelos barracóis improvisaos como viviendas, el que queda del transformador, algún edificio máis, y a iglesia, cuasi alpina, diseñada por Joaquín Vaquero Palacios; todo chen de monte. Entre aquelas ruinas, xa robegan estos días os amorodos y tamén se da muito ben el ourego, qu’a xente vai pañar a feixes nel brao, cuando ta en sazón.
Iglesia diseñada por Joaquín Vaquero Palacios |