Vista dende Samartín |
Fía muito tempo que tía ganas d'ir por El Valledor, pero nun fixen vez hasta este brao. Cuando m'enteréi da queima qu'houbo el ano pasado, deume muita pena, así que xa iba preparada pa ver el destrozo que fera el lume.
Dende Berducedo, a
carretera que leva a Samartín (AS-34) nun é fácil pa novatos neso
de conducir, é estreta, con ben curvas, sin “quitamedos” y de
súpeto podes atopar un camión que ta sacando a madera queimada,
outro que leva pienso y hasta el da basura. Y tamén algún coche, y
hai que parar porque en sitos os dous al tempo nun pasan. Peró os
conductores avezados seguro que nun tein problema ningún pa conducir
por alí.
Namáis deixar Berducedo,
lougo se ven os montes queimados, mouregan sufreiras y castañeiros
centenarios, pinos despidos, todos mortos, erguidos como testigos del
pasado y da desidia, anque a terra xa empeza a verdegar de novo con
herbas, fulgueiras y outras plantas. Muito tempo terá que pasar pa
qu'aquelos montes volvan a ser el que foron. Y así todo nunca serán
el qu'eran.
Iglesia de Samartín del Valledor |
En Samartín dan ganas de
chorar al ver todo lo queimado. Por suerte, a Torre del Valledor, del
siglo XVI, declarada Bien de Interés Cultural, salvouse, peró non a
casa unde se guardaban documentos antiguos y únicos, nin a panera.
Un paseo por el pueblo, solitario, causa admiración y asombro. Xunto
a iglesia, del siglo XIV ou XV, según a información que se le na
porta, chócanos el ritrete público que ten este aviso: “despós
d'usalo, déixalo a xeito”. Y un pouco máis aló, a Casa das
Xuntas, que data de 1924 y é a sede da Parroquia Rural de Samartín
del Valledor, tamén afectada pola queima y a medio restaurar.
Ritrete público |
Deixamos Samartín y
seguimos camín hasta San Salvador, un pueblo chen de xente polo
brao, unde nos recibe un peteiro de pequenos xogando polos camíos. É este un bon exemplo del patrimonio etnográfico y
arquitectónico da zona. Abundan as casas, horros y paneras, ben
conservados ou restaurados con bon gusto. Y todo ta tan ben cuidado
que da gusto escaleyar por alí.
Panera en San Salvador |
Pregunto por un pueblo que se ve a lo lonxe y dícenme que é Collada. En Collada teño ougüido qu'hai un couso, úa d'esas trampas pa cazar lobos, y efectivamente así é, algo máis p'arriba del pueblo y non mui lonxe, vense as paredes del couso.
Collada y el couso dende San Salvador |
A tarde nun deo pa máis.
Pa volver hacia Grandas, nun fai falta ir por Berducedo, pasando por
Tremado, chégase hasta A Mesa y, baxando pola Figueiría, xa tamos
na carretera AS-14.
Casa en Samartín con trabateles de pizarra nas ventás |
El Valledor: un sito pa
recorrer despacio y al que volver sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario