27 mar 2013

EL LIBRO DE MONTES DE PEZÓS

Coberta del libro

Nel siglo XVIII, a Marina Real tia falta de madera pa construir barcos y dictáronse úas ordenanzas pal aumento y conservación dos montes. Cumplindo esas ordenanzas, os ministros de Marina tían que visitar os pueblos y reconocer os sitos señalados como dehesas reales, nos que nun se podían fer cortas y a unde tían qu’ir todos os anos os vecíos pa rozar, podar os árboles, cortar os mortos y plantar outros novos. Ademáis, as ordenanzas prohibían cortar árboles sin permiso y obligaban a os vecíos a plantar tres árboles por cada un que cortaban, entre outras muitas cousas.

Nel archivo del Conceyo de Pezós, consérvase un manuscrito titulado Libro que comprehende las dehessas reales, montes comunes y particulares de este concejo de Pezós. Año de 1748. Neste libro anotábanse as visitas que se fían cada ano á dehesa real y nel pódense ler tamén os autos que dictaban os distintos ministros de Marina.

A primeira anotación del libro é un auto de providencia fechado en Castropol el 7 de agosto de 1748, unde el ministro de Marina destinado nel Departamento del Ferrol, Joseph Antonio de Colosía Martínez y Noriega, informa a todos os vecíos de que deben cumplir as ordenanzas ou han a ser multados “rigurosamente”.


A Ema Grande

Según se le neste libro, a parroquia de Pezós tía entoncias 100 vecíos y correspondíayes plantar 300 carbayos al ano nel sito chamado Chao de Linares señalado como dehesa real “según tiene de circunferencia en el llano y sus vallados media legua y linda con el mojón del Valle de Hema, hacia el concejo de San Martín, en derechura a la capilla de San Isidro y de esta al mojón y marco de Turez, que se halla entre este concejo y el de Illano, por cima de las tierras de Braña Beya y encima de las labranzas de Lixóu y derecho a las peñas que se hallan en la inmediación de Linares y Argul”. Noutras anotacióis falan das visitas á dehesa real del Vale d’Ema y Valía Artosa, que ta entre Lixóu y Brañaveya. A ese sito hoi chámanye As Emas y os da zona distinguen A Ema Grande y A Ema Pequena.

Restos da capiya de San Isidro, xunto al castro del mismo nome

Pa nun aburrir, nun vou enrollarme muito, solo quero anotar delas cousas curiosas que se poden ler neste libro:  


  • Chamaban a os vecíos a conceyo aberto na “villa de Pesoz”, al salir da misa dominical, “al son de campana tañida”, y acordaban un día pa fer a visita anual á dehesa real. Tían qu’asistir todos obligatoriamente ou podían ser castigados coas “penas correspondientes”.  
  • Ademáis del xa citado, hai anotacióis d’outros dous ministros de Marina: Francisco Antonio de Rábago en 1766 y Modesto Martín Vegué en 1787.
  • El número d’árboles qu’había na dehesa real en 1787 y que nun se podían cortar era: "293 robles medianos, 549 nuevos y 65 inútiles; 696 castaños útiles, 724 medianos, 539 nuevos y 2839 inútiles;18 nogales útiles, 9 nuevos y 4 inútiles”.  
  • En 1787, Francisco Antonio Mera, vecín de Serán, pide permiso pa cortar cinco castañeiros que ye fían falta pa fer úa panera; y Andrés Fernández Villarmarzo, vecín de Sequeiros, tamén solicita autorización pa cortar madera pa reedificar un cuarto que ye caera. Déronyes permiso a os dous pa cortar hasta cinco castañeiros coa condición de que tían que plantar tres por cada un que cortasen.
  • En 1791, Lope Benito de Ron y Queipo de Llano é alcalde de Pezós y de Grandas de Salime a un tempo. 
  • A última anotación é del 3 de febreiro de 1843. Nesa fecha, os vecíos recontaron os carbayos y resultaron 500, plantaron 85 carbayos novos y dicen que nun plantaron outros árboles pola mala calidad del tarrén. 

A Ema Pequena

Si daquén quer saber máis del contenido d’este libro, que se poña en contacto comigo.

19 feb 2013

EL ANTROIRO EN SANZO

Os antroiros d'este ano
Cuando eu era pequena, aló polos 70-80 del siglo pasado, os nenos pasábamoslo muito ben por el antroiro, y penso que tamén os grandes, anque pode qu'esta mirada señardosa p'atrás amostre as cousas non como eran na realidá senón como me gustaría que fosen.

Días antias del antroiro, todos andaban mui xaroleiros tentando de botar el antroiro a daquén. Os bromistas aproveitaban el despiste d'algún y fíanye calquer pregunta ou decíanye algúa cousa pa qu'el outro picase, por exemplo:“Chacho, déronme recordos pa ti”. Y cuando el outro preguntaba: “¿Quén?”, entoncias elos, mortos de risa, respondían: “¡El antroiro!”.

En Sanzo, el antroiro era un monigote con cabeza de nabo, vestido con roupa veya y chen de paya ou herba seca. Ás veces, había máis d'un y podían representar un home y úa muyer. El antroiro fíase en secreto nalgúa casa y aparecía chantado núa terra de laboría us días antias del martes d'antroiro. Un ano tocaba na Albeira, nel solano, y al outro nel Vale, nel avesío. Ese espantayo queimábase al escurecer a noite del martes.

As mázcaras, disfrazadas con roupa veya y con caretas pa nun ser conocidas, aparecían por el pueblo el martes pola tarde y, coa pequenada correndo detrás delas, andaban polas casas, unde las convidaban y tentaban de saber quén eran os disfrazados. A gracia taba en que naide soupera quén s'escondía detrás d'aquela facha.

Úa parexa de mázcaras (Antroiro 2013)

Eran días de comer muito, sobre todo, cousas da matanza: a cabeza del gocho, a cachola, con cachelos y el botelo. Tamén s'avezaba a fer fiyolos. Estas costumes gastronómicas inda se conservan agora, así como el dito “sábado fiyoleiro, domingo lardeiro, lunes gordo y martes antroiro”. Anque el adjetivo nun coincide col día, xa el Arcipreste de Hita, nel siglo XIV, falaba nel Libro de Buen Amor del jueves lardero, na luita entre don Carnal y doña Cuaresma, y el diccionario da RAE define lardero como “graso”. Pa nosoutros el día “graso” era el domingo, el día que se descansaba das laborías.

Todas estas costumes inda tan vivas hoi, anque en Sanzo cadaldía hai menos xente, peró inda se siguen fendo os antroiros (agora é casi sempre úa parexa) y quéimanse á noitía del martes de carnaval. Este ano, el sábado fiyoleiro, celebrouse por primeira vez úa festa pa festexar el antroiro. Todos os vecíos del pueblo, os que viven alí y os que tamos fora, disfrazados y sin disfrazar, compartimos úa parrillada y baile hasta altas horas. Ademáis, el programa Conexión Asturias, da TPA, fexo un largo reportaxe y amostróu a queima del antroiro el martes.

Hai tradicióis qu'era ben que nun se perdesen y, mentras haxa xente agayosa disposta a trabayar y colaborar pa que nun s'esqueizan, os nosos pueblos poderán remocicar siquera por un día.


21 ene 2013

HORROS EN PEZÓS (2)


Cabazo da Casa Joaquín (Lixóu)
Dedico a primeira entrada de 2013 a completar datos da entrada anterior.

Xa sei de qué casas son os horros de Lixóu. El horro y el cabazo que tan derriba del camín son da Casa Alonso, mentras qu'el horro que ta debaxo del camín é da Casa del Bouzo.

Ademáis, teño qu'amecer outro cabazo, úa construcción mui curiosa que ta modificada peró en orixen foi un cabazo. Chocan dela a planta cuadrada y el tornarratos que la rodea. Pertenece á Casa Joaquín.

Cabazo da Casa Joaquín (Lixóu)
Si daquén ten máis datos sobre estas construccióis ou se m'escapóu algúa, agradezo calquer comentario ou información que me querades apurrir.

22 nov 2012

HORROS EN PEZÓS

Horro en Pelorde


Dice Xuan Bello nel sou poema Paniceiros:

un país onde la casa cai cai l'horru la ponte
el molín la ilesia l'home tamién cai

Y nesas tamos, mirando cómo van caendo as casas, os horros, as pontes, os molíos, as capiyas... y cómo s'enchen de monte os prados, as pezas, as leiras, os tayos; cómo s'abandona todo, cómo morre todo pouco a pouco.

Horro da Casa Navarrín (Argul)
Os horros, esas construccióis tan típicas del noso mundo rural, tan importantes y necesarias noutros tempos, son úa mostra máis d'esa decadencia. En 1752, según el Catastro de Ensenada, había en Pezós 183 horros. Pódese ler alí textualmente: “Hay en el término de este concejo de Pesoz, puestos a las frentes y contornos de las casas y algunos separados de ellas, 183 orrios”.

Catastro de Ensenada
¿Cuántos horros quedan hoi nel conceyo de Pezós? Pos, si fixen ben a cuenta este brao, nun quedan agá 16 horros, 2 paneras y 2 cabazos. A estos que siguen ahí, resistindo el paso del tempo, podemos sumar os 21 que xa nun tan peró inda se conservan nel recordo da xente. Con todo, xa se perderon ben d'elos.

Horro en Lixóu
En Pezós capital hai 3 horros (Casa Julio, Casa Penadrada y Casa Moxardín; os dous últimos son d'hai pouco, así que nun existían nel siglo XVIII) y 1 panera desaparecida nel Palacio.

Horro da Casa Julio (Pezós)
En Argul hai 2 horros (Casa Castellano y Casa Navarrín, este último ta en ruinas) y 1 panera (Casa López).

Panera da Casa López (Argul)
En Sanzo nun queda ningún horro en pe, pero hai memoria de 7 (Casa Coto, Casa Grande, Casa El Crego, Casa Soto, Casa Valledor, Casa Caballero, Casa Sampedrín) y a lo menos el da Casa Coto taba cuberto de paya.

En Serán hai 2 horros (Casa Mera y Casa Camilo), 1 cabazo (Casa Soto) y 2 desaparecidos (Casa d'Andrés y Casa Torre).

Horro da Casa Mera (Serán)
En Vilabriye hai 1 panera (Casa Pereda) y 2 desaparecidos (Casa del Rico y Casa Emilio).

Panera da Casa Pereda (Vilabriye)
En Francos hai 1 horro en pe (Casa Cachán) y 3 desaparecidos (Casa García, Casa del Tendeiro, Casa Mera).

Horro da Casa Cachán (Francos)
En Pelorde temos 5 horros (Casa Cotarelo, Casa Linera, Casa Miguel, Casa Lastra y Casa d'Amor) y 3 desaparecidos (Casa Santiago, Casa Carril y Casa Cordeiro).

Horro da Casa Linera (Pelorde)
En Cela hai 1 horro (Casa da Ventela) y 1 desaparecido (Casa Benino).

En Brañaveya queda el recordo de dúas construccióis desaparecidas: 1 panera (Casa Caballero) y 1 horro (Casa Alonso).

En Lixóu hai 2 horros y 1 cabazo. Un horro é de Casa Alonso peró nun sei de qué casa son el outro horro nin el cabazo: el día que tuven por alí nun atopéi a naide con quen falar y tampouco sei si había máis antias y desapareceron.

Cabazo en Lixóu
Vista del outro lado del cabazo de riba
En Vilarmarzo y Cabanela nun queda ningún horro y nun teño noticias de desaparecidos.

Os máis dos horros y as paneras son de construcción simple, sin corredor, nin grandes adornos: de planta cuadrada ou rectangular, apoyados en cuatro ou seis pes de madera y con louxado a cuatro auguas. Según os expertos, el que distingue el horro da panera nun é el número de pes nin el tamaño nin a presencia de corredor, como pensa muita xente, senón a viga horizontal que tein nel crume as paneras y que fai qu'el louxado acabe en dous picos, mentras os horros xuntan as cuatro auguas nun punto único.

El cabazo de Casa Soto ten as cepas de pedra y os lados largos tan cerrados con barrotes de madera separados pa favorecer a ventilación y a seca da cosecha que se guardaba alí. El de Lixóu ta alterado peró inda deixa ver ben a súa estructura orixinal, tamén de pedra y madera. A estos cabazos de madera y pedra chámanyes probes nel Vocabulario del bable de Occidente de Acevedo y Fernández.

Cabazo da Casa Soto (Serán)
Os horros, ademáis de ser el almacén unde se guardaban as cosechas, a matanza y úa chía de cousas, tamén encerran muitas historias, algúas ben tristes, como a d'aquel home, enfermo de tuberculosis, que foi vivir al horro, pa separarse da familia, despós de qu'un vecín ye botara en cara que tuvera vivindo na casa según taba y ye dixera qu'iba pegaryes a enfermedá a os niníos da súa familia. El home pasóu el inverno nel horro, pasando fame y morto de frío, peró por un milagro da naturaleza nun morréu d'aquela y col tempo sanóu.

Espero y deseo qu'os poucos horros que quedan nel conceyo señan apreciados y cuidados, y sigan en pe muitos anos, como testigos calados del paso del tempo.

25 oct 2012

TEU NOME POR MAR E TERRA


Xa nun é novedá, peró eu acabo d'atopar esta estupenda canción que forma parte d'un disco titulado aCadaCanto, obra de Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández y Xosé Lois Romero, y editado por Músicas de Salitre.

Quero cravar o teu nome
cunha navalla de lúa
nos outos muros da noite...

¡Emocionante!